El tiempo
miércoles. 22.03.2023
El tiempo

Investigado un cangués por vender remedios tóxicos con falsas propiedades de cura

Algunos de los productos incautados en Cangas. GUARDIA CIVIL
Algunos de los productos incautados en Cangas. GUARDIA CIVIL

Comercializaba o SMM (Solución Mineral Milagrosa) a través de internet

A Garda Civil está a investigar penalmente a un veciño de Cangas por un presunto delito contra a saúde pública por comercializar a través de internet un produto tóxico que ofrece falsas propiedades curativas para todo tipo de enfermidades.

O MMS (Miracle Mineral Solution) ou SMM (Solución Mineral Milagrosa) é o resultado da mestura do clorito de sodio co ácido clorhídrico e ao que lle atribúen falsas propiedades curativas, tomándoa en pingas diluídas na auga ou outra bebida.

A súa comercialización e publicidade foi prohibida no ano 2010 pola Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios ao constatar o seu potencial risco para a saúde.

As investigacións iniciáronse o pasado mes de setembro cando o Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Cangas tivo noticias sobre a venda online deste produto comercializado como suplemento alimentario.

As pescudas iniciais levaron aos investigadores á páxina web dunha empresa que ten o seu domicilio social en Cangas e cuxo obxecto é o comercio polo miúdo por correspondencia e Internet de produtos de estética, cosmética, nutrición, mantemento e coidado corporal.

O administrador da web anunciaba a venda os dous compostos químicos do MMS ademais do produto acabado e comercializábao co nome de Depur.

A través doutra páxina web, vinculada á anterior, achegábase información sobre o clorito de sodio e os seus "beneficios", ademais de enlaces a vídeos que mostran a elaboración e testemuños de curacións pola toma do produto, así como protocolos de actuación e dosificaciones.

A investigación concluíu coa inspección da sede social da empresa en Cangas onde se almacenaba, elaboraba e distribuía este produto considerado ilegal, no ámbito farmacéutico e sanitario.

Incautáronse preventivamente preto de cen litros dos distintos compostos químicos que conforman o MMS e unha importante cantidade de envases co produto xa elaborado (Depur).

Investigado un cangués por vender remedios tóxicos con falsas...
Comentarios