A Garda Civil de Celanova tomou declaración en calidade de investigado a un veciño deste municipio por un incendio forestal causado por unha queima agrícola.
Segundo informou o Instituto Armado, tomou declaración a L.S.M., de 62 anos de idade e veciño de Celanova, como presunto autor dun delito de incendio forestal.
O lume ocorreu o pasado 25 de xuño nunha paraxe denominada Pereira en Mourillos onde resultaron afectadas 0,06 hectáreas de monte raso e que se produciu por unha queima agrícola.