Investigan a aparición do cadáver dunha muller nun galpón de Pontevedra

O corpo estaba en avanzado estado de descomposición
Casa na que vivía a muller desaparecida en Lérez. DAVID FREIRE
photo_camera Casa na que vivía a muller desaparecida en Lérez. DAVID FREIRE

A Policía Científica investiga as causas da morte dunha muller cuxo cadáver foi localizado este mércores no interior dun alpendre anexo á súa vivenda a parroquia pontevedresa de Lérez e que podería levar meses morta. 

Segundo informaron fontes de urxencias, o cadáver da muller foi localizado no interior dun anexo á súa vivenda, despois de que un familiar denunciase que levaba tempo sen ter noticias dela. 

Ata o lugar desprazáronse axentes da Garda Civil e forenses para o levantamento do cadáver, que se atopaba en avanzado estado de descomposición. 

Para determinar as causas da morte, ao corpo seralle practicada unha autopsia, aínda que, polo momento, non hai indicios de que se trate dunha morte violenta. 

Comentarios