
Asegura que a Xunta leva anunciadas tantas baixadas de impostos que poderían converter a Galicia "nun paraíso fiscal"
O portavoz parlamentario do PSdeG, Xoaquín Fernández Leiceaga, atribuíu ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, unha "Galicia que vai a menos" polo seu Goberno "paralizado" e caracterizado pola "inercia e a propaganda" co "único obxectivo de gañar eleccións". "Non ten proxecto, carece dunha visión de Galicia máis aló de querer seguir no poder catro anos máis", sinalou.
Así se pronunciou no seu discurso con motivo do Debate do Estado de Autonomía, unha intervención que iniciou recordando á figura de Castelao. "Foi un galeguista, deputado da Fronte Popular e exiliado. Non deberiamos obviar quen foi", incidiu o dirixente socialista, que citou unas as palabras do intelectual galeguista ao pronunciar "os elementos da dereita só conciben unha patria artificial, posta ao servizo dos seus intereses".
Na súa comparecencia, Leiceaga afeou ao máximo mandatario autonómico o seu "balance" e referiuse ao seu Executivo como "un surfeiro" que se limita a aproveitar a "inercia das ondas" para manterse no poder". "Que recordamos dos seus últimos 12 meses se deixamos ao carón o episodio de noivo á fuga da dereita española?", cuestionou o portavoz socialísta dirixíndose ao escano do presidente, ao que preguntou se "a súa decisión de non marcharse" obedece "ao cálculo" ou "ao compromiso".
Gonzalo Caballero, Javier Losada ou a que fora presidenta do Parlamento, Dolores Villarino, seguiron o discurso de Leiceaga desde o tribunal
Tras recordarlle episodios os incendios de outubro de 2017 nos que faleceron catro persoas, a folga feminista do 8 de marzo e a morte dun home sen atención médica na PAC da Estrada, Leiceaga lamentou que a Xunta non atendese "nin á fractura social, nin á xeracional, non á de xénero ou á territorial" que o PSdeG denunciou "hai 12 meses".
"Leva gobernando dez anos, xa non pode apelar a herdanzas", asegurou o socialista, que censurou que, en demografía "Galicia segue indo a menos"; en economía hai "máis desigualdades, menos emprego e máis precariedade"; e en servizos públicos axústelos "provocaron feridas severas".
"Unha Galicia que vai a menos e un goberno que, na práctica, mira para outro lado por mera incapacidade", subliñou Leiceaga antes de afear que en I+D+i a comunidade "quede atrás", que "en formación chegue tarde", ou que "tirase a toalla en infraestruturas". "En política industrial, en innovación, en formación, en infraestruturas... merece un rotundo suspenso", engadiu.
"A brecha salarial existe, as mulleres teñen un chan de barro e un teito de cristal", lamentou o portavoz socialista, que emprazou a Feijóo a romper "o teito de cristal" na Administración autonómica para ter "máis lexitimidade para esixirllo ao sector privado".
Ademais, referiuse á situación da sanidade pública galega para asegurar que a súa realidade "está nas salas de espera dos hospitais e os centros de saúde. "Os cidadáns saben perfectamente o que pasa e dannos a razón", apuntou nunha intervención na que tamén censurou que Feijóo leve anunciadas tantas baixadas de impostos que poderían converter a Galicia "nun paraíso fiscal".
Na súa comparecencia, tamén subliñou o rexeitamento do PSOE á aposta independentista e avogou por recuperar a "convivencia". Ademais, propuxo avanzar no "federalismo" e "configurar unha oferta pública que seduza aos que hoxe queren marcharse e os convenza de que España é un magnífico horizonte de futuro".
Para rematar, recordou as palabras nas que o secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado, asegurou que a bancada socialista estaba "anestesiada" para denunciar a "narcolepsia" na que se atopaba o Executivo galego baixo o goberno de Rajoy. "Esa somnolencia incontrolable só desaparece cando están na oposición", afeoulle.