O litoral galego continuará en aviso laranxa este martes

Prevense ondas de entre cinco e seis metros e ventos de forza sete de compoñente noroeste
Chuvieiro en Pontevedra. RAFA FARIÑA
photo_camera Chuvieiro en Pontevedra. RAFA FARIÑA

O litoral galego continuará este martes en aviso laranxa ante a previsión de forte ondada na totalidade da costa de Galicia, segundo a predición de Meteogalicia. 

Así, prevense ondas de entre cinco e seis metros e ventos de forza sete de compoñente noroeste que tamén obrigan a decretar o aviso laranxa en toda a costa galega. 

A nivel estatal, un total de 22 provincias terán este martes aviso de risco ou risco importante por fenómenos costeiros, choiva, vento e neve, segundo informou a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET).