Anxo, vigués e primeiro galego do ano

Chegou ao mundo ás 00.35 horas e pesou 3,24 quilos

Anxo, en brazos de su madre. SALVADOR SAS (EFE)
photo_camera Anxo, no colo de súa nai. SALVADOR SAS (EFE)

O primeiro bebé nacido este ano en Galicia foi esta madrugada nun hospital de Vigo ás 00:35 horas deste un de xaneiro e chamarase Anxo, segundo informou a Consellería de Sanidade.

O neno naceu pesaba 3,24 quilogramos no momento do alumeamento, precisaron fontes do citado departamento da Xunta.

Agregaron que, erroneamente, sinalaran anteriormente que o primeiro dos anos foi no hospital público Lucus Augusti de Lugo, pero que logo dunha serie de comprobacións determinaron que este era o segundo, xa que naceu ás 01:34 horas con 2,8 quilogramos de peso cuxos pais prevén porlle o nome de Gabriel.