Máis de 120 titulacións pecharon as súas prazas tras concluír o terceiro prazo de matrícula nas universidades galegas

O cuarto prazo de matrícula comeza este xoves
Campus de Pontevedra da Uvigo. DAVID FREIRE
Campus de Pontevedra da Uvigo. DAVID FREIRE

Máis de 120 titulacións esgotaron as súas prazas tras pecharse o terceiro prazo de matrícula nas universidades galegas. 

Nesta ocasión, un total de 20 graos pecharon as súas listas, a maioría na Universidade de Vigo. Así, esgotaron as súas prazas os graos en Educación Social e Enfermaría, no campus de Ourense; Traballo Social en Pontevedra; e Enfermaría, en Bioloxía, en Educación Infantil, Educación Primaria, en Enfermaría - Meixoeiro, en Enxeñaría en Química Industrial, en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais, en Química e en Enxeñaría Biomédica no campus olívico. 

Doutra banda, pecharon prazas Farmacia, Óptica e Optometría, Simultaneidade de Graos de Química e Bioloxía e Simultaneidade des Graos de Farmacia e Óptica en Compostela; en Enfermaría, en Nutrición Humana e Dietética, Bioquímica en Lugo; e en Estudos de Arquitectura na Coruña. 

Oito destas titulacións completaron as prazas cunha nota de corte superior ao 10 e destacan Enfermaría-Meixoeiro e Enxeñaría Biomédica, ambus no campus olívico, cun 11,276 e 11,470, respectivamente 

O cuarto prazo de matrícula arrinca este xoves e estenderase até as 23,59 horas do venres. 

Comentarios