Máis do 91% dos alumnos aprobaron a Selectividade

A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) publicou este venres as notas provisionais das probas de acceso

Examen de Selectividade. XESÚS PONTE
Examen de Selectividad. XESÚS PONTE

Máis do 91 por cento dos alumnos que realizaron a ABAU, a chamada 'nova selectividade', logrou superar as probas na comunidade galega. 

A Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG) publicou este venres as notas provisionais das probas de acceso á universidade. Podes consultalas aquí.

Dos 11.396 matriculados, finalmente presentáronse uns 11.289 estudantes tanto á parte obrigatoria como voluntaria das probas, o que supón un 98,98 por cento. 

Deste dato, uns 9.858 presentáronse á parte obrigatoria da ABAU, resultando aptos 9.017, un 91,46 por cento, segundo as cifras provisionais trasladadas pola CIUG. 

As notas definitivas non se publicarán até o próximo 4 de xuño, e previamente abriranse prazos de presentación de solicitude de segunda corrección e de reclamacións. 

Por estas datas, no ano 2018, tamén se daban a coñecer os resultados provisionais da selectividade,que aprobaran uns 9.091 estudantes, o 90,69% dos presentados. 

Comentarios