Os médicos de familia reclaman máis médicos e independencia na Atención Primaria

Os seus representantes fixeron estas propostas nunha reunión con dirixentes da Consellería de Sanidade

Reunión entre Xunta y médicos. XOÁN REY (EFE)
photo_camera Reunión entre Xunta y médicos. XOÁN REY (EFE)

Representantes da asociación SEMG, de médicos de familia, reclamou este martes aumentar a contratación de profesionais nos servizos de Atención Primaria e darlles maior independencia na xestión para facer fronte á crise derivada da escaseza de recursos humanos.

Nun comunicado, SEMG indica que os seus representantes fixeron estas propostas nunha reunión con dirixentes da Consellería de Sanidade como parte dunha iniciativa para reformar o actual modelo de xestión, que actualmente combina a atención primaria coa hospitalaria.

Entre as súas propostas para aplicar -de forma inmediata co propósito de atender aos cidadáns de forma adecuada e con calidade- figuran a de contratar "novos médicos cunhas condicións laborais e retributivas adecuadas, e ademais o suficientemente atractivas, que garantan estabilidade e que non estean expostos á precariedade e á improvisación".

Tamén pide "dotar da suficiente autonomía aos centros de saúde, con capacidade de xestión polo menos das axendas e as substitucións" de persoal, así como de "orzamentos independentes".

SEMG avoga ademais por establecer un "tempo suficiente de consulta" para os pacientes "eliminando a burocracia inútil" e por "mellorar a comunicación entre niveis asistenciais", e propón, tamén, que os centros médicos de atención primaria coñecidos como PAC (siglas de puntos de atención continuada) abran os sábados pola mañá "de forma inmediata".

Así mesmo, reclama "definir claramente os medios diagnósticos, materiais e profesionais en cada un dos centros de saúde, necesarios para atender correctamente á poboación", xa que subliña que os servizos de atención primaria son un instrumento "fundamental" para pacientes con cronicidad ou fráxiles.

Comentarios