Mércores de ceos cubertos e choivas intermitentes

Segundo a información de Meteogalicia, os ventos soprarán moderados do sur ao principio do día

Nubes con sol. EP
photo_camera Nubes con sol. EP

Galicia quedará o mércores baixo a influencia dunha borrasca localizada sobre as Illas Británicas. Deste xeito, espérase unha mañá de ceos cubertos con orballos. Pola tarde, haberá intervalos de chuvascos intermitentes.

Segundo a información de Meteogalicia, os ventos soprarán moderados do sur ao principio do día, cambiando progresivamente o compoñente norte. As temperaturas ascenderán, sendo a subida máis acusada nas mínimas.

En concreto, por cidades, as temperaturas máximas oscilarán entre os 19 graos de Ourense e os 14 de Santiago, mentres que as mínimas estarán entre os 7 de Lugo e os 11 da Coruña e de Ferrol.

Comentarios