Mobilizado un helicóptero para atender a un home que sufriu picaduras de insecto

Os feitos sucederon en Viana do Bolo e o propio afectado foi o que pediu axuda
Generated by  IJG JPEG Library
Generated by  IJG JPEG Library

Un home necesitou asistencia sanitaria este domingo en Viana do Bolo (Ourense) tras recibir varias picaduras dun insecto, posiblemente abellas, informou o 112.

Os feitos ocorreron na parroquia de Barcia de Mera, no lugar de Pazo, ao redor das 18,25 horas. Foi o propio afectado o que chamou ao 112 para pedir asistencia médica.

Ao lugar desprazáronse os servizos sanitarios, que decidiron mobilizar ao helicóptero medicalizado con base en Ourense. No dispositivo participaron tamén axentes da Garda Civil.

Comentarios