
O accidente ocorreu na parroquia de Cumbraos
Un condutor dun turismo morreu este martes pola mañá ao chocar contra un camión frigorífico na localidade coruñesa de Mesía, informa Urxencias 112.
O accidente ocorreu na N-634, ao paso pola parroquia de Cumbraos, ao redor das 12.00 horas. A vítima, de iniciais J.M.C., tiña 66 anos.
O 112 alertou do sucedido aos bombeiros de Ordes e aos membros do GES de Curtis, pois o condutor estaba atrapado no interior do turismo.
Unha vez liberado, foi atendido polos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, que nada puideron facer por salvarlle a vida.
A consecuencia do impacto viuse afectado un poste eléctrico, polo que o 112 tamén informou á empresa subministradora.