Morre un home que esvarou e caeu á auga cerca do peirao da Pobra do Caramiñal

Ambulancia do 061. ARQUIVO
photo_camera Ambulancia do 061. ARQUIVO

Un home de 84 anos morreu na mañá deste mércores tras ser rescatado do mar na contorna do peirao da Pobra do Caramiñal, desde o que caeu probablemente por mor dun esvarón nunha zona cerca do porto, segundo informou a central do 112.

O accidente produciuse pouco despois das dez da mañá, momento no que a vítima foi rescatada por varias persoas que se atopaban na zona que solicitaron asistencia médica urxente.

O 112 alertou do accidente ao persoal de Portos de Galicia, a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil e a Policía Local, Salvamento Marítimo e Gardacostas de Galicia. O 061 enviou ao lugar unha ambulancia de soporte vital básico e un equipo sanitario de Atención Primaria para atender o home, de iniciais R.F.P., que, a pesar das manobras de reanimación, faleceu no lugar. 

Comentarios