Morre un home nun accidente cun tractor en Boqueixón

Ambulancia do 061. ARQUIVO
photo_camera Ambulancia do 061. ARQUIVO

Un home de 58 anos faleceu este domingo nun accidente de tractor en Boqueixón, segundo informou o 061. Conducía o vehículo nunha finca particular.

A central de coordinación de Urxencias Sanitarias recibiu a alerta do sinistro sobre as 19.20 horas, o que levou a enviar ao lugar un helicóptero e unha ambulancia. Con todo, o home, cuxa identidade se corresponde coas iniciais M.O.T., faleceu no lugar.