Morre unha muller atropelada por un turismo en Ordes

A falecida é unha persoa de avanzada idade

Unha muller de avanzada idade faleceu na tarde deste domingo logo de ser atropelada por un turismo cando circulaba á altura do punto quilométrico 17 da AC-524, segundo informa o 112.

ás 19.00 horas, os servizos sanitarios informaban ao 112 Galicia do atropelo. Indicaban que unha ambulancia xa se dirixía ao momento. Así, pasouse aviso & nbsp;Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, aos Bombeiros de Ordes e aos efectivos de Protección Civil, que enseguida se desprazaron ata o lugar.

Tras chegar ao momento indicado, os Bombeiros confirmaron o falecemento da persoa.