Morre unha muller nun incendio no seu piso en Vigo

O lume iniciouse sobre a unha da madrugada por causas aínda sen aclarar
Un camión de Bombeiros. ARCHIVO
Un camión de Bombeiros. ARCHIVO

Unha muller de 51 anos faleceu na madrugada deste sábado en Vigo por mor de un incendio no seu domicilio.

O incendio tivo lugar sobre a unha da madrugada por causas aínda sen aclarar, segundo fontes policiais. 

O inmoble incendiado é o 5D do número 24 da rúa Joaquín Loriga, no centro da cidade. 

Segundo indica o 112 Galicia, o intenso fume procedente do inmoble puxo en alerta aos veciños, que fixeron varias chamadas aos servizos de urxencias para avisar do incendio e sinalar que na vivenda vivía unha persoa. 

Unha vez en lugar, que quedou practicamente destruído polas chamas, os servizos de urxencias apenas puideron certificar o falecemento da muller, que estaba no interior da vivenda.