miércoles. 01.12.2021 |
El tiempo
miércoles. 01.12.2021
El tiempo

Morre unha veciña da Estrada tras chocar o seu coche contra un camión

Accidente mortal en Pontevea. PATRICIA FIGUEIRAS
Accidente mortal en Pontevea. PATRICIA FIGUEIRAS

O accidente produciuse no límite entre as provincias da Coruña e Pontevedra

Unha veciña da Estrada de 30 anos faleceu na madrugada deste domingo tras chocar o vehículo no que viaxaba contra un camión na localidade coruñesa de Teo. O sinistro produciuse ao redor das 07.15 horas na AC-841 no seu paso por Pontevea, no límite entre as provincias da Coruña e Pontevedra, segundo informou o 112 Galicia. 

Tal como aseguraron fontes da Comandancia da Garda Civil da Coruña, o coche, un Seat Ibiza, sufriu unha colisión fronto-lateral ao invadir o sentido contrario, o que provocou a morte da única ocupante do vehículo, a pesar de levar posto o cinto de seguridade. 

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) pediu a colaboración dos membros do GES da Estrada, que tiveron que excarcerar á vítima, e dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, que só puideron confirmar o falecemento da condutora. 

A Garda Civil continúa investigando as causas do sinistro, pero confirmou que a proba de alcoholemia deu negativa e está pendente de realización a de drogas.  Foi necesaria a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico para regular a circulación e a intervención do persoal de limpeza e mantemento da Axencia Galega de Infraestruturas para retirar os restos provocados polo accidente. 

Morre unha veciña da Estrada tras chocar o seu coche contra un camión