A morte de sete persoas con covid en Galicia eleva os falecidos a 1.046

O número de decesos descende de xeito importante con respecto aos últimos días, cando se chegaron a rexistrar máis de vinte mortes diarias
El Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. ARCHIVO
El Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. ARCHIVO

Este xoves rexistráronse sete vítimas mortais diagnosticadas de covid, polo que Galicia suma 1.046 falecementos desde que comezou a pandemia, pero o número de decesos descende de xeito importante con respecto aos últimos días, cando se chegaron a rexistrar máis de vinte mortes diarias.

Segundo informa a Consellería de Sanidade, na Coruña, morreu un home de 80 anos no CHUAC e en Santiago, no CHUS, faleceu unha muller de 88 anos.

O resto de mortes rexistráronse na provincia pontevedresa, catro en Vigo e un no Salnés.

No Chuvi faleceron dous homes de 82 anos, un procedente da Residencia Ballesol, e unha muller de 77 anos procedente da Residencia de Salvaterra de Miño.

Na área sanitaria de Vigo un home de 74 anos morreu no seu domicilio de Crecente, e no Hospital do Salnés faleceu unha muller de 87 anos que procedía dá Residencia DomusVI de Ribadumia.

Todos eles tiñan patoloxías previas.