Nove mortes elevan a 969 os falecementos por covid en Galicia

O Chuac da Coruña. EFE
photo_camera O Chuac da Coruña. EFE

Nove falecementos rexistrados este xoves de persoas que contraeran o virus causante da covid-19 elevaron a 969 as vítimas mortais provocadas pola pandemia na comunidade desde o seu inicio.

A Consellería de Sanidade informou destes decesos, que se producen na antesala de restricións máis severas que afectarán desde este fin de semana ao 60% da poboación.

Os falecementos son os dun home de 96 anos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC), unha muller de 89 no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO) que procedía da Residencia Nosa Señora dos Milagres, de Barbadás; unha muller de 85 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e un home de 86 no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI).

Tamén unha muller de 89 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) que procedía da residencia Nosa Señora dos Anxos, de Ribadavia; e un home de 84 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHUO).

En centros residenciais morreron un home de 99 anos, en Nosa Señora dos Milagres de Barbadás; unha muller de 80, na residencia de maiores de Salvaterra de Miño (Pontevedra); e unha muller de 95, na Residencia Nosa Señora dos Miragres de Barbadás.

Todas estas persoas tiñan patoloxías previas, segundo o servizo galego de saúde. 

Comentarios