Un mozo que propinou unha puñada a un indixente acepta dous anos de cárcere

A agresión foi difundida en redes sociais e fíxose viral no seu momento
O condenado. CRTVG
photo_camera O condenado. CRTVG

O mozo J.J.R., que o 31 de marzo de 2018 propinou unha puñada a un home do Carballiño (Ourense), aceptou este xoves dous anos de prisión pola agresión que foi difundida en vídeo a través das redes sociais. 

O xuíz suspendeu o cumprimento da pena, que se revogará no caso de que o mozo sexa condenado por outro delito durante o prazo de suspensión da condena. Ademais, o mozo deberá abonar unha indemnización á vítima de 1.400 euros e de 361 euros ao Sergas polos gastos médicos. 

Así mesmo, o mozo procesado en relación a estes feitos ten unha orde de afastamento de tres anos a partir da data na data en que se produciu a denuncia. 

O letrado do condenado recordou este xoves que o seu cliente "está arrepentido", como así o dixo durante a fase de instrución", concluíu.