lunes. 06.12.2021 |
El tiempo
lunes. 06.12.2021
El tiempo

Localizan o cadáver dun pescador nunha zona de rocas da illa de Arousa

Faro de Punta Cabalo, en A Illa de Arousa. GOOGLE MAPS
Faro de Punta Cabalo, en A Illa de Arousa. GOOGLE MAPS
Foi necesario trasladar os sanitarios en moto uns 400 metros para chegar ao corpo

Un pescador de 56 anos, veciño da Illa de Arousa, foi atopado morto na mañá deste sábado nunha zona rochosa de difícil acceso nun carreiro de Campelo, nunha zona próxima ao faro de Punta Cabalo. Segundo informa a Policía Local, recibiuse un aviso ás 9.30 e ata o lugar desprazouse un axente que atopou o corpo boca arriba, con botas e diferentes apeiros para pescar.

O home contaba con problemas cardiovasculares anteriores, aínda que o 112 Galicia apunta que unha posibilidade que tamén se baralla é o falecemento por unha caída accidental. 

Ata o lugar desprazouse unha ambulancia, aínda que a Policía Local explica que foi necesario trasladar os sanitarios en moto uns 400 metros para chegar a esta zona. Alí practicóuselle unha reanimación cardiopulmonar, pero o home faleceu no lugar. 

Foron avisados polo 112 Galicia, entre outros, os Bombeiros de Vilagarcía e de Ribadumia, aos equipos de Salvamento Marítimo e Gardacostas, así como á Garda Civil. 

Este mesmo sábado os servizos de urxencias rescataron a un pescador que se atopaba en apertos nunha zona próxima ao río Miño, no encoro de Belesar, situado no municipio de Chantada

Localizan o cadáver dun pescador nunha zona de rocas da illa de Arousa