sábado. 23.10.2021 |
El tiempo
sábado. 23.10.2021
El tiempo

Un morto e sete feridos no choque frontal de dous coches en Covelo

O accidente rexistrouse na estrada PO-261

Unha persoa faleceu e outras sete resultaron feridas nun accidente rexistrado este mércores en Covelo. O sinistro ocorreu sobre as oito da tarde á altura do quilómetro 11 da estrada PO-261, que conduce a Praia Maceira, atendendo aos datos facilitados pola central do 112. 

Os dous vehículos chocaron frontalmente, por causas que están a ser investigadas, segundo os Bombeiros de Ponteareas. Nun dos vehículos viaxaba un matrimonio de avanzada idade coa súa neta, mentres que o outro turismo implicado na colisión ía ocupado por cinco persoas. 

Como consecuencia do accidente, unha muller de idade avanzada faleceu practicamente no acto. As outras sete persoas resultaron feridas de diversa consideración. 

Os bombeiros tiveron que intervir para sacar a vítima mortal do vehículo, no que quedou atrapada. Tamén foron alertadas Urxencias Sanitarias, GES-Bombeiros Ponteareas e Protección Civil. Ademais, foi informado o Grupo de Intervención Psicolóxica do colexio oficial de Galicia por se fose necesaria a súa actuación.

Un morto e sete feridos no choque frontal de dous coches en Covelo