Unha muller trasladada en Nigrán a causa dun incendio propagado na súa vivenda

Os servizos de extinción, unha vez apagado o lume e ventilada a vivenda, indicaron que ardeu un sofá, cortinas e unha persiana.
Bombeiros de Porriño. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
Bombeiros de Porriño. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA

Unha muller foi evacuada esta madrugada despois de producirse un incendio na súa vivenda.

Ao fío das 2:30 horas, un particular chamou ao 112 Galicia para informar da saída de fume  polas fiestras dunha vivenda dun edificio, situado na Rotonda de Praia América. Foi, a partir dese momento, cando os xestores de emerxencias alertaron aos Bombeiros do Porriño e ao GES de Val Miñor, que decontado se desprazaron ao punto. Tamén, os Bombeiros de Vigo foron informados, así como, os servizos sanitarios, os axentes da Policía Local e os efectivos de Protección Civil.

Segundo a información trasladada ao 112 Galicia, no transcurso da chamada de alerta, a muller, dona do piso, tras ser atopada no interior da vivenda, foi evacuada e traslada ao Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, polo persoal sanitario.

Os servizos de extinción, unha vez apagado o lume e ventilada a vivenda, indicaron que ardeu un sofá, cortinas e unha persiana. Toda a vivenda viuse afectada polo fume.

Comentarios