Novo brote de coronavirus con tres casos no concello de Verín

Correspóndense con tres mozos de 27, 22 e 26 anos 
Una prueba de Covid. EFE
photo_camera Una prueba de Covid. EFE

As autoridades sanitarias informaron este luns dun novo brote de coronavirus detectado no municipio ourensán de Verín e que afecta a tres persoas. 

En concreto, segundo destacan desde o área sanitara, os casos activos correspóndense con tres mozos de 27, 22 e 26 anos. 

Por outra banda, o brote do barrio ourensán de Mariñamansa ascende a 31 afectados tras a detección dun novo caso, o dunha muller de 75 anos, e o de Riós xa conta con 13 casos activos tras sumar dous contagios: un home de 60 anos e un menor. 

Finalmente, o foco detectado no municipio da Rúa sitúase nos 10 afectados tras detectar un novo positivo, o dun home de 43 anos.