Nova xornada solleira en Galicia, con máximas que rozarán os 20 graos

Unha muller pasea o seu can en Samil. SALVADOR SAS (EFE)
photo_camera Unha muller pasea o seu can en Samil. SALVADOR SAS (EFE)

O mércores Galicia situarase nunha situación intermedia entre altas e baixas presións, permitindo o paso dunha fronte moi débil ao final do día.

Así, o día amencerá cos ceos pouco nubrados ou despexados, con bancos de néboa no interior. Co avance do día entrarán as nubes baixas polo norte das provincias da Coruña e Lugo, quedando os ceos moi cubertos á noite, coa posibilidade dalgunha choiva moi débil e ocasional.

O vento soprará de compoñente norte frouxo, sendo moderado no litoral.

As temperaturas estarán sen cambios significativos: A Coruña 6° - 13°, Ferrol 3° - 14°, Lugo 0° - 14°, Ourense 0° - 18°, Pontevedra 3° - 19°, Santiago de Compostela 3° - 15°, Vigo 6° - 18°.

Comentarios