Ourense, Burela, Pontedeume e Cambados saen da alerta vermella por covid

, na que quedan 42 municipios Coristanco e Soutomaior volven ao risco máximo pola pandemia, no que están 5 cidades: A Coruña, Ferrol, Lugo, Pontevedra e Vigo 
Mapa de alertas por covid en Galicia.GALCIAE
photo_camera Mapa de alertas por covid en Galicia.GALCIAE

A listaxe de concellos en alerta vermella pola incidencia da pandemia na última semana continúa descendendo, até situarse no total de 42 este martes. Isto é así grazas a que saíron Ourense, Burela, Pontedeume e Cambados, aínda que se volveu a activar esta situación de risco máximo en Coristanco e en Soutomaior.

De acordo co mapa 'semáforo' que actualiza diariamente a Consellería de Sanidade coa incidencia do coronavirus por municipios, xa son dous as cidades que saíron do nivel 3 de aviso. E é que se este luns o facía Santiago de Compostela, este martes foi Ourense, que no seu momento foi epicentro da pandemia en Galicia. 

Así, na provincia ourensá tan só quedan en alerta vermella dous concellos, Xinzo de Limia e Ribadavia. Tamén descenderon os de Lugo, onde quedan cinco: a cidade de Lugo, Cervo, Chantada, Viveiro e Vilalba

Na provincia da Coruña son 18 as localidades en aviso máximo. En concreto, tras a saída de Pontedeume e a entrada de Coristanco, mantéñense Ferrol, Narón, Fene, A Coruña, Arteixo, Culleredo, Cambre, Oleiros, Carballo, Malpica, Ponteceso, Cabana, Vimianzo, Santa Comba, Cee, Ames e Teo

Tamén son 18 os municipios pontevedreses en alerta vermella pola incidencia da covid-19 no últimos sete días, xa que saíu Cambados pero sumouse Soutomaior. Así, ademais da capital provincial, continúan neste nivel O Grove, A Guarda, Lalín, Marín, Mos, Nigrán, Poio, Pontevedra, O Porriño, Ponteareas, Redondela, Ribadumia, Salvaterra de Miño, Sanxenxo, Tui, Vigo e Vilagarcía de Arousa

A alerta máxima de risco de todas estas localidades implica que se detectaron máis de 21 casos de coronavirus no últimos sete días. Con todo, nas urbes de máis de 50.000 habitantes, o limiar para detectar o aviso vai en función do tamaño: Ferrol –máis de 76 casos nunha semana–, Pontevedra –máis de 96–, Lugo –máis de 112–, A Coruña –máis de 276– e Vigo –máis de 332–.

NIVEN LARANXA 

No segundo nivel de alerta, o laranxa, atópanse este luns 29 concellos. A provincia que máis suma é a da Coruña, con 11: Ares, Boqueixón, Camariñas, Noia, Valdoviño, Sada, Laxe, Zas, Santiago, Neda, e Ribeira.

Tras esta, Pontevedra conta con 10 municipios en laranxa: A Estrada, Cambados, Cangas, Moaña, Caldas de Reis, Bueu, Salceda de Caselas, Baiona, Tomiño, A Cañiza. 

Na provincia de Ourense hai cinco tras sumarse a súa capital --por mellorar os seus datos-- aos municipios de Carballiño, Barbadás, A Rúa e Verín; mentres que en Lugo son só tres: Burela, Monforte e Sarria. 

Comentarios