martes. 28.09.2021 |
El tiempo
martes. 28.09.2021
El tiempo

Unha persoa ferida tras un incendio na cociña dun piso de Vigo

Entrada do Hospital Povisa. DP
Entrada do Hospital Povisa. DP

Foi evacuada por un equipo médico do 061 con queimaduras nas mans

Unha persoa tivo que ser trasladada este luns ao hospital Povisa de Vigo debido ás lesións sufridas nun incendio orixinado na campá extractora da cociña da súa casa, segundo informou o 112 Galicia.

Os feitos ocorreron ás 15:30 horas deste luns, cando o ocupante dunha vivenda situada na Rúa Taboada Leal de Vigo trataba de apagar cun extintor un lume na cociña.

A persoa foi evacuada por un equipo médico do 061-Urxencias con queimaduras nas mans.

Desde o 112 pediron a colaboración dos Bombeiros de Vigo co fin de comprobar que o incendio estaba completamente sufocado. 

Unha persoa ferida tras un incendio na cociña dun piso de Vigo