A Policía Nacional atrapa a Santórum en Pontevedra

O presunto narco vilanovés intentou entregarse este domingo nos xulgados de Vigo
Santórum, coa súa avogada Carmen Ventoso ante os xulgados de Vigo. EP
Santórum, coa súa avogada Carmen Ventoso ante os xulgados de Vigo. EP

Axentes da Unidade de Delincuencia e Crime Organizado (Udyco) atraparon este luns ao presunto narco Juan Carlos Santórum na mesma cidade de Pontevedra. Os policías con base na Comisaría seguiron a pista da presenza do vilanovés este domingo nos xulgados de Vigo e, tras horas de vixilancias, conseguiron dar con el cando transitaba polo termo municipal da capital.

O vilanovés, que este domingo intentou entregarse, ten ás súas costas unha orde de ingreso en prisión e outra de procura e captura.

Deste xeito, as unidades Udyco e Greco pon fin á fuga e pechan o estraño capítulo iniciado este domingo en Vigo, cando Santórum acudiu a entregarse e alguén lle dixo que volvese ao día seguinte.

Ás 10.00 horas deste luns, áchase nas dependencias da Comisaría de Pontevedra.

Comentarios