Ponteareas establece franxas horarias para pasear aos cans e un límite de 200 metros

Ademais, o dono do animal deberá levar unha botella de auga con deterxente para limpar os ouriños e unha bolsa de plástico para recoller os excrementos.
Unha moza pasea ao seu can. JAVIER CERVERA-MERCADILLO
photo_camera Unha moza pasea ao seu can. JAVIER CERVERA-MERCADILLO

O Concello de Ponteareas emitiu un bando no que se recollen instrucións relativas aos animais de compañía e, nel, establécense límites de espazo para sacar aos cans, franxas horarias para pasear aos cans e normas de limpeza.

Concretamente, segundo o bando, recollido por Europa Press, os cans deberán saír co seu propietario ou titular e, de non poder ser iso posible, haberá que xustificalo de forma detallada.

A persoa que salga coa súa can non poderá afastarse máis aló de 200 metros e deberá pasar o tempo "mínimo imprescindible" no exterior. As franxas dispostas son: de 8 a 10, de 14 a 16 e de 21 a 23 horas.

O acompañante do animal deberá levar unha botella de auga con deterxente para limpar os ouriños e unha bolsa de plástico para recoller os excrementos.

Ante estas instrucións, o PSOE da localidade puxo en dúbida a "legalidade" deste bando e advirte de que non foron tratadas na comisión de seguimento do covid-19. Para os socialistas, contén "medidas tan polémicas" como a limitación do paseo dos animais: "de haberse constatados excesos nos paseos de mascotas, deben tratarse de forma particular, sen ter que castigar a todos".

ACTUAR BAIXO O MESMO PATRÓN. Pola súa banda, fontes municipais xustificaron, nunha explicación remitida a Europa Press esta normativa pola "ausencia" de concreción nas medidas adoptadas polo Goberno central.

Así, indicou que se trata dun bando, previamente comparado con outros doutros municipios (como Xixón), que recolle normas de interpretación "" para que a Policía actúe "baixo o mesmo patrón" e criterio, fronte ás directrices xerais marcadas pola Dirección Xeral de Dereitos dos Animais.

Comentarios