Rexistran quince contaxios nunha cuadrilla que celebrou dúas festas na área de Vigo

Nestes momentos está a procederse ao rastrexo e ao cribado dos contactos destes mozos

O Servizo Galego de Saúde (Sergas) informou de 15 contaxios por coronavirus entre unha cuadrilla de mozas que celebrou dúas festas en senllos domicilios particulares en Vigo e en Nigrán, ás que asistiron unha vintena de persoas.

Nestes momentos está a procederse ao rastrexo e ao cribado dos contactos destes mozos, e é previsible que se acaben confirmando novos contagios, sinalan as fontes sanitarias.

Polo momento os positivos confirmados déronse non só entre membros da cuadrilla, senón tamén entre os seus contactos e familiares.

O Sergas recorda á poboación xuvenil a necesidade de cumprir coas medidas de seguridade e de distanciamento social imprescindibles paravitar a infección do coronavirus e a súa transmisión.

Na mesma liña, o alcalde de Vigo, Abel Caballero, pediu "non baixar a garda nin un segundo" a pesar de que na cidade, "en termos relativos" e en comparación con outras zonas de Galicia, a cousa vai "bastante ben".

Caballero fixo extensivo esta mensaxe aos maiores e, sobre todo, aos mozos, aos que pediu que eviten contaxiarse "con todas as súas forzas" e a que se pasean coa súa cuadrilla, que o fagan coa máscara posta. 

Comentarios