Rajoy, candidato á alcaldía de Pontevedra de Compromiso por Galicia

Este enxeñeiro agrícola, traballa actualmente no servizo de infraestruturas agrarias da Xunta na Boa Vila
 

Andrés Núñez Rajoy. TWITTER
photo_camera Andrés Núñez Rajoy. TWITTER

Compromiso por Galicia confirmou a Andrés Núñez Rajoy como o candidato á Alcaldía de Pontevedra nas próximas eleccións municipais de maio.

Andrés Núñez, enxeñeiro agrícola, traballa actualmente no servizo de infraestruturas agrarias da Xunta de Galicia en Pontevedra.

é ademais o responsable da secretaría de Finanzas, Patrimonio e Internacional da comisión executiva nacional de Compromiso por Galicia.

O secretario xeral do partido, José Ramón Piñeiro Docampo, destacou que con este nomeamento a formación "aposta forte" por Pontevedra, xa que sinalou que o candidato é "un dos alicerces" de Compromiso de Galicia.

Con el, explicou, o partido busca achegar "sentido" á política municipal.

O respaldo da agrupación de Pontevedra ao candidato foi unánime e, a partir de agora, o partido traballará para confeccionar unha lista "de garantías".

O xa candidato de Compromiso por Galicia por Pontevedra afirmou que ao "innegable" traballo realizado na cidade en materia de urbanismo e deseño urbano ve "necesario" realizar unha "aposta forte" por crear opcións de emprego e por liderar a actividade galega en varios sectores económicos. 

Comentarios