lunes. 06.12.2021 |
El tiempo
lunes. 06.12.2021
El tiempo

Recibe a alta unha das vítimas do accidente de Vigo

Hospital Vithas Nuestra Señora de Fátima de Vigo. GOOGLE MAPS
Hospital Vithas Nuestra Señora de Fátima de Vigo. GOOGLE MAPS

O condutor, M.M.V., de 18 anos, permanece ingresado no Hospital Álvaro Cunqueiro da cidade olívica

Un dos menores que resultou ferido o accidente ocorrido o mércores na AP-9, á altura da parroquia viguesa de Teis e que custou a vida a tres estudantes, recibiu este venres o alta hospitalaria. 

Así o confirmaron fontes do Hospital Vithas Nuestra Señora de Fátima, onde fora trasladado o mozo con politraumatismos. O menor foi atendido nos servizos de Urxencia e de Traumatología deste centro médico. 

Este mozo, que viaxaba de copiloto no turismo, foi un dos dous ocupantes do coche que resultou ferido. O outro ferido, o condutor, M.M.V., de 18 anos de idade, permanece ingresado no Hospital Álvaro Cunqueiro da cidade olívica. 

Nese sinistro perderon a vida tres estudantes, que viaxaban na parte traseira do vehículo, dous mozos e unha moza, todos estudantes do IES Mendiño de Redondela, onde as clases están suspendidas ata o luns. 

Púxose en marcha un dispositivo de apoio psicolóxico tanto para as familias das vítimas como para os profesores e alumnos do centro. 

O Delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, apuntaba nas últimas horas ao exceso de velocidade como posible causa do sinistro, no que o turismo se saíu da vía e envorcou tras impactar contra un alicerce e un gardarraíl. O condutor do coche deu negativo nas probas de alcoholemia e drogas. 

Recibe a alta unha das vítimas do accidente de Vigo
Comentarios