Rescatan catro persoas tras afundirse a súa embarcación en Porto do Son

Embarcación de Salvamento
photo_camera Embarcación de Salvamento

Catro tripulantes dunha embarcación de recreo foron rescatados na mañá deste sábado tras afundirse a súa lancha en Porto do Son, segundo informou o servizo de urxencias 112 Galicia. 

Foi sobre as 10.30 horas cando un particular comunicou ao 112 que acababa de rescatar coa súa embarcación catro persoas que estaban na auga. 

Dous dos tripulantes, con síntomas de hipotermia, tiveron que ser atendidos polos servizos sanitarios á súa chegada a porto e foron trasladados en ambulancia ao hospital do Barbanza. 

O servizo de urxencias 112 alertou a Salvamento Marítimo e ao persoal do Servizo de Gardacostas de Galicia, así como á Garda Civil e a Protección Civil da localidade.

Comentarios