Rescatan a un neno atrapado e ferido nunha roca na praia de Cerdedo-Cotobade

O menor sufriu unha fractura no xeonllo

Evacúan al niño herido en Cerdedo-Cotobade. DP
photo_camera Evacúan al niño herido en Cerdedo-Cotobade. DP

Un neno quedou atrapado e resultou ferido no medio do río da praia fluvial de Cerdedo-Cotobade. O menor caeu, segundo a información que recibiu o 112 Galicia, nunha roca a uns 50 metros da beira e sufriu unha fractura no nocello.

Un particular foi quen alertou dos feitos aos servizos de urxencia ás 16.45 horas.

O Centro Integrado de Atención ás Urxencias 112 Galicia puxo a situación en coñecemento do 061 Urxencias Sanitarias, da Garda Civil, dos Bombeiros do Deza, do Grupo de Urxencias Supramunicipal (GES) da Estrada e de Protección Civil.

Unha vez na praia fluvial, os efectivos do GES da Estrada e os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento do Deza rescataron ao neno e unha ambulancia trasladouno ata un centro médico.