Restablecido o servizo de luz en todos os fogares de Galicia

“Poden quedar temas puntuais, baixa tensión, pero iso estase resolvendo ao longo desta mañá”, trasladou un portavoz de Naturgy
Poste de tendido eléctrico afectado por el temporal en Galicia. EP
photo_camera Poste de tendido eléctrico afectado o temporal en Cospeito. EP

Todos os fogares de Galicia que sufriron os avatares das sucesivas borrascas dos últimos días en Galicia recuperaron a subministración eléctrica, segundo informou a Efe un portavoz da compañía Naturgy.

A última hora da tarde deste luns quedaron resoltas todas as avarías producidas a consecuencia do temporal, pois na xornada deste luns aínda permanecían sen luz un milleiro de fogares, a maioría nas zonas de montaña da provincia de Ourense, apuntan fontes da compañía eléctrica.

A borrasca Fabien deixara sen luz a uns 27.000 fogares galegos durante o fin de semana, pero na noite onte quedou normalizada a rede de distribución eléctrica.

“Poden quedar temas puntuais, baixa tensión, pero iso estase resolvendo ao longo desta mañá”, trasladou a mesma fonte.

O despregamento incluíu máis de 170 vehículos e 45 camións, ademais de 130 grupos electrógenos 

A maior parte das incidencias foron debidas á caída de árbores e ramas a causa do forte vento sobre as liñas do tendido eléctrico.

A distribuidora eléctrica de Naturgy mobilizou a preto de 600 persoas, entre brigadas, operador de rede e da plataforma telefónica, para facer fronte aos problemas de subministración eléctrica causados polo temporal que afectou á comunidade galega.

O despregamento incluíu máis de 170 vehículos e 45 camións, ademais de 130 grupos electrógenos co fin de axilizar a reposición da subministración eléctrica.

A compañía explica que as adversas condicións climatolóxicas, con refachos de vento que superaron en algúns casos os 160 quilómetros por hora, así como as dificultades de acceso ás liñas eléctricas afectadas, complicaron o traballo das brigadas.

Comentarios