
O epicentro situouse nas inmediacións do núcleo de Albarellos e a unha profundidade de 12 quilómetros
Un tremor de magnitude 2,6 foi rexistrado na mañá deste domingo no municipio ourensán de Monterrei, segundo os datos do Instituto Xeográfico Nacional. En concreto, o epicentro situouse nas inmediacións do núcleo de Albarellos e a unha profundidade de 12 quilómetros.
O tremor foi rexistrado polo departamento dependente do Ministerio de Fomento ás 08,50 horas deste domingo.