Rouban un coche para transportar dous porcos e abandónano en Guitiriz coas rodas rebentadas

Os ladróns subtraeron hai días outros vehículos e ata sete gorrinos dunha granxa de Teixeiro
Cerdos en el maletero. TVG
photo_camera Porcos no maleteiro. TVG

Ladróns con escaso ollo para os coches protagonizaron na madrugada do pasado xoves un insólito roubo, tras elixir un Seat Toledo como vehículo para levar dous porcos dunha granxa de Teixeiro. Os cacos levaron o turismo de diante da casa do seu propietario, en Teixeiro, e utilizárono como medio de transporte para asaltar unha granxa porcina desa localidade coruñesa. Co seu estraño botín, dous gorrinos de 200 quilos no maleteiro, emprenderon o fuxida rumbo a Guitiriz. O coche non puido resistir a carga e os fuxitivos víronse obrigados a abandonalo coa súa carga tras rebentarlle as rodas na localidade chairega.

A Garda Civil investiga este singular delito e outros que atribúen aos fuxitivos, que xa roubaran días atrás outros coches e ata sete porcos da granxa Maruxa.

Cando o propietario do vehículo acudiu para facerse cargo do que quedaba do seu coche, aínda estaban os corpos dos animais no maleteiro, ensanguentado, segundo indicou a TVG.

Comentarios