Un sábado de nubes e claros á espera dun domingo moi chuvioso

A próxima semana estará marcada tamén pola choiva

La jornada se presenta con nubes y algún chubasco ocasional. ALBA SOTELO
photo_camera La jornada se presenta con nubes y algún chubasco ocasional. ALBA SOTELO

Galicia quedará este sábado nunha situación intermedia entre o anticiclón dos Azores e unha profunda borrasca situada ao norte de Irlanda. Pola mañá espéranse bancos de néboa que deixarán paso a ceos pouco nubrados, excepto na franxa atlántica, onde predominarán as nubes baixas sen que se descarte algunha choiva ocasional.

O domingo achegarase unha fronte que deixará choivas intensas e persistentes en Galicia e que ao final do día poderá afectar tamén a Asturias e León. A próxima semana estará marcada tamén pola choiva, segundo as previsións.

En canto ao mar, o litoral das provincias de Pontevedra e da Coruña quedará este sábado aviso amarelo por ondas de máis de catro metros de altura.

Comentarios