
O Diario Oficial de Galicia publica este xoves a convocatoria do primeiro concurso específico para o ámbito da enfermaría pediátrica, na que se inclúen 148 prazas para a especialidade.
O concurso anunciado este xoves polo Sergas será o primeiro con carácter específico para o ingreso na categoría estatutaria de persoal de enfermaría na especialidade de enfermaría pediátrica, segundo informa a Xunta nun comunicado.
As novas prazas convocadas engádense ás 94 prazas que se incorporaron no exercicio 2019, nas especialidades da enfermaría do traballo e da saúde mental.
A convocatoria está aberta ao persoal diplomado ou graduado universitario de enfermaría fixo, que traballase no Servizo Galego de Saúde, as funcións propias da especialidade de enfermaría pediátrica e acredite o título na devandita especialidade.