
A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Xunta activou a alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias de Lugo e A Coruña a partir da madrugada do mércores ao xoves. Atendendo ás previsións da Axencia Estatal de Meteoroloxía, este fenómeno meteorolóxico adverso trae ventos que poden alcanzar forza 8 na Mariña lucense e o noroeste da costa coruñesa.
O resto do litoral galego estará
Co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Xunta informou da situación aos concellos das provincias afectadas, deputacións, Protección Civil e aos clubs náuticos para que adopten as medidas oportunas.
Recomenda permanecer lonxe da liña de costa e das praias e paseos marítimos co fin de evitar que un golpe de mar poida arrastrar persoas ou obxectos, así como suspender as actividades pesqueiras e marisqueiras e extremar as medidas de seguridade á hora de realizar calquera actividade no mar.