domingo. 05.12.2021 |
El tiempo
domingo. 05.12.2021
El tiempo

Os termómetros esborrállanse en Galicia coa volta da neve

Nieve en O Cebreiro, este domingo. ELISEO TRIGO (EFE)
Neve no Cebreiro. ELISEO TRIGO (EFE)

O miécoles e o xoves poderían volver estas precipitacións por encima dos 800 metros

Galicia vivirá este martes unha xornada de transición na que o anticiclón se irá retirando progresivamente cara ao Atlántico, achegándose baixas presións desde as Illas Británicas.

Todo isto, sinala a predición, con réxime de ventos de compoñente norte que deixarán os ceos con máis nubes ao norte e con chuvascos intermitentes, mentres que na metade sur os ceos permanecerán máis abertos.

Segundo apuntan as previsións de Meteogalicia, as temperaturas sufrirán un descenso, algo máis marcado nos valores diúrnos. Os ventos soprarán de compoñente norte, moderados no litoral e máis frouxos no interior.

As temperaturas irán baixando nos días sucesivos, chegando o xoves a alcanzar o seu punto máis baixo, cando en Lugo, Santiago ou Ourense rexistraranse mínimas por debaixo dos 2º C e máximas de 12.

O mércores poderán darse precipitacións en forma de neve a partir dos 900 metros; meintras que o venres podería nevar por encima dos mil metros pola tarde, aínda que a cota de neve baixará, segundo a previsión actual, ata polo menos os 800 metros.

Os termómetros esborrállanse en Galicia coa volta da neve
Comentarios