Traballadores de Alcoa da Coruña cortan o tráfico cunha queima de pneumáticos

O cadro participa nunha folga de 24 horas para esixir o mantemento do emprego

Os traballadores de Alcoa queiman pneumáticos. MONCHO FUENTES (Efe)
Os traballadores de Alcoa queiman pneumáticos. MONCHO FUENTES (Efe)

Os traballadores da fábrica de Alcoa na Coruña secundaron esta tarde unha nova protesta con corte de tráfico e queima de pneumáticos nas inmediacións da empresa.

A protesta iniciouse ao redor das 17,30 horas dentro do calendario de mobilizacións que están a levar desde o anuncio de peche. Fontes sindicais explicaron a Europa Press que a mobilización volverá repetirse ás 20,00 horas.

Ademais, o cadro iniciará, a partir das 22,00 horas deste xoves e até a mesma hora de mañá venres, unha folga de 24 horas para esixir o mantemento do emprego.

Unha parte dos traballadores desprazaranse tamén este venres até a fábrica da multinacional en San Cibrao, en Cervo Lugo onde secundarán unha nova protesta. 

Comentarios