sábado. 16.10.2021 |
El tiempo
sábado. 16.10.2021
El tiempo

O TSXG confirma a condena de 9 anos de cárcere a un pai que agrediu sexualmente a súa filla

Sede del TSXG. ARCHIVO
Sede del TSXG. ARCHIVO
A sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña absolvera á avoa e á nai da menor

A Sala do Civil e Penal do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) desestimou o recurso presentado por un pai condenado a nove anos e tres meses de cárcere por agredir sexualmente á súa filla, nacida en 2005, durante un período de tempo indeterminado, pero polo menos entre 2013, cando a menor tiña 8 anos, e 2016, cunha frecuencia "practicamente semanal".

Segundo a sentenza difundida polo TSXG, o alto tribunal galego confirma, desta forma, o fallo da sección segunda da Audiencia Provincial da Coruña, que absolveu á avoa e á nai da menor, ás que a Fiscalía acusaba de consentir as agresións sexuais.

Ademais da pena de cárcere, a Audiencia tamén lle impuxo ao acusado dez anos de liberdade vixiada, a privación da patria potestade respecto do seu tres fillos, nacidos entre 2004 e 2008, e a prohibición de comunicarse por calquera medio e aproximarse a eles durante quince anos.

Respecto da nai da menor, os xuíces concluíron que carecía "de capacidade real para actuar en cumprimento do deber do garante", pois padece unha discapacidade intelectual leve, "o que favorecía que as súas decisións e opinións dentro da familia fosen inapreciables".

En canto á avoa paterna, que tamén sufría a violencia do seu fillo, non quedou acreditado que tivese constancia dos feitos. A muller, segundo o fallo, "tiña como prioridade, dada a súa simpleza, a defensa da fama da familia, do seu propio fillo".

SECUELAS PSICOLÓXICAS. O TSXG subliña que, ademais do testemuño da vítima, que reúne "todos os requisitos" de credibilidade e verosimilitude, existen elementos periféricos que xustifican a condena ao investigado.

Entre eles están os tocamentos e comportamentos con connotacións sexuais observados polas persoas que acolleron á menor, así como os informes psicolóxicos, que conclúen que o relato da nena é verosímil e coherente coas secuelas psicolóxicas que padece. Consecuencias que se reflicten no seu comportamento no colexio e en situacións de acollemento.

SENTENZA "COHERENTE E RACIONAL". A valoración da sentenza de instancia é, segundo a Sala do Civil e Penal, "coherente e racional", pois analiza os testemuños, detalla a coincidencia entre eles nos feitos esenciais e razoa por que descarta os móbiles espurios invocados polo acusado.

Pola contra, o tribunal asegura que as alegacións defensivas "non pasan dunha mera negación dos feitos ou de ofrecer unha versión alternativa que non conta con apoio probatorio algún".

En canto á aplicación da eximente ou, subsidiariamente, da atenuante cualificada de embriaguez que demanda o condenado, o Superior sinala que non existe proba que acredite a afectación da vontade ou da capacidade de entendemento do acusado polo consumo abusivo de alcol.

"Unicamente é posible apreciar a atenuante analóxica que se aplica na sentenza apelada ao inferir de tal abuso unha diminución do freo inhibitorio", conclúe.

O TSXG confirma a condena de 9 anos de cárcere a un pai que agrediu...
Comentarios