jueves. 23.09.2021 |
El tiempo
jueves. 23.09.2021
El tiempo

A UE dá luz verde á restrición das pesticidas por ser daniños para as abellas

Uso de sulfatos nuns viñedos da Ribeira Sacra. TOÑO PARGA
Uso de sulfatos nuns viñedos da Ribeira Sacra. TOÑO PARGA

A nova normativa espérase que entre en vigor a finais deste ano

Representantes dos países da Unión Europea (UE) deron este venres luz verde á proposta da Comisión Europea para restrinxir o uso agrícola de pesticidas que, segundo un estudo científico da Axencia Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA), son daniños para as poboacións de abellas.

O novo veto do Executivo comunitario únese á prohibición parcial do uso destas pesticidas, coñecidos como neonicotinoides, aplicada en 2013 e contou co voto a favor de España.

A regulación será adoptada nas próximas semanas e entrará en vigor a finais de ano, segundo informou a Comisión Europea nun comunicado. 

A UE dá luz verde á restrición das pesticidas por ser daniños para...
Comentarios