¡Volve a choiva!

Unha borrasca traerá as agardadas precipitacións á comunidade

Galicia atoparase durante este mércores na influencia dunha borrasca localizada ao sur de Irlanda, que enviará unha fronte fría durante a tarde. Polo tanto, durante a mañá os ceos estarán máis anubrados na metade oeste e pouco anubrados ou despexados no leste. A partir do mediodía os ceos iranse cubrindo e chegarán as chuvias que serán máis intensas no oeste da provincia de Coruña e norte da provincia de Pontevedra.

As temperaturas mínimas experimentarán un moderado ascenso mentres que as máximas quedarán sen cambios ou con lixeiros descensos. Os ventos soprarán fortes de compoñente sur, con intervalos moi fortes no litoral e puntos elevados do interior.

Comentarios