A Xunta escoitará propostas de Médicos Sen Fronteiras para os hospitais de reforzo

Videoconferencia entre Feijóo y Médicos Sin Fronteras. XUNTA
photo_camera Videoconferencia entre Feijóo e Médicos Sen Fronteiras. XUNTA

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, asegura que o Goberno galego escoitará as propostas de Médicos Sen Fronteiras para que os hospitais de reforzo que se preparan na Coruña e Santiago sexan "o máis efectivos posible".

En concreto, segundo detallou o Executivo autonómico nun comunicado, Médicos sen Fronteiras manterá reunións coa Consellería de Sanidade para coordinar e afrontar esa posible situación.

Feijóo mantivo este xoves un encontro por videoconferencia coa organización, no que explicou os protocolos postos en marcha polo Goberno galego desde o inicio da crise sanitaria para facer fronte ao coronavirus.

Na cita telemática, o presidente recordou que a coordinación dos centros hospitalarios privados pasou a depender do Goberno galego para poder responder do mellor xeito posible ás necesidades sanitarias. Do mesmo xeito, desde este martes as xerencias das áreas sanitarias da Coruña e de Santiago están a preparar, por se fose preciso, dous hospitais de reforzo.

Os hospitais de reforzo, con ata 450 camas, están a instalarse en Expocoruña e o Multiusos do Sar

No caso da Coruña, está a instalarse en Expocoruña e contará cun entre 200 e 300 camas. En Santiago está a acondicionarse o Multiusos do Sar, onde se instalarán entre 100 e 150 camas.

Feijóo, que sinalou que "oxalá" non haxa que empregar estes hospitais, destacou que, en todo caso, é necesario que estean preparados para o caso de que os públicos e privados non sexan suficientes como consecuencia do eventual pico de contaxios que os expertos sanitarios prognostican para mediados do mes de abril.

Pola súa banda, atendendo ao explicado pola Xunta, Médicos Sen Fronteiras considerou que estes hospitais de reforzo son "necesarios" e "moi positivos" nesta crise sanitaria e, debido á súa experiencia en situacións de urxencia, ofreceuse a colaborar coas autoridades sanitarias galegas.

Comentarios