A Xunta reitera que "non se deu nin unha vida por perdida" nas residencias

Asegura que os usuarios hospitalizáronse baixo criterio médico
Proc/JFIF/EFE-Calidad:Excelente

A Xunta de Galicia volveu a saír ao paso das acusacións sobre supostas directrices para que non se trasladase a usuarios de residencias de maiores a centros sanitarios, e insistiu en que non se deu "nin unha soa vida por perdida", e todos aqueles maiores que tiñan que ser hospitalizados o foron, sempre baixo criterio dos médicos.

Así o trasladou a administración autonómica despois do acto que protagonizaron os sindicatos CC.OO. e UXT en Vigo, fronte á delegación do goberno galego, e no que reclamaron que se abra unha "investigación" sobre a xestión das residencias de maiores durante a pandemia de Covid e sobre se houbo ou non esas directrices acerca dos traslados a hospitais.

A ese respecto, a Xunta ha incicido en que a acusación sobre as indicacións para non trasladar a maiores a hospitais "é grave e totalmente falsa". "Sempre que os médicos indicaron que unha persoa maior debía ser hospitalizada, foi hospitalizada, no cento por cento dos casos, segundo o criterio médico", recalcaron fontes do goberno galego.

"En Galicia non se deu unha soa vida por perdida, e fomos pioneiros intervindo residencias privadas que estaban a pasar por dificultades", engadiron as mesmas fontes.

Ademais, sobre a falta de políticas públicas de atención a maiores dependentes, denunciada polos sindicatos, a Xunta recordou que, na actualidade, hai 5.600 prazas públicas en residencias de maiores, "un 42 % máis que en 2009", e que hai "catro veces máis dependentes con axudas" que en 2009 (máis de 61.000 persoas, fronte ás 15.000 de fai 11 anos).

Comentarios