¿Recorte de soldo a Belén Esteban?

Lecturas asegura que La fábrica de la tele ten intención de baixarlle o salario á colaboradora de Sálvame

 

Belén Esteban. INSTAGRAM
photo_camera Belén Esteban. INSTAGRAM

Belén Esteban comezou o ano con mal pé. Segundo a revista Lecturas, a produtora La fábrica de la tele propúxolle á colaboradora de Sálvame unha baixada de soldo ao considerar que xa non desperta tanto interese entre a audiencia como antes.

"Le ha sentado fatal, no entiende que le quieran bajar el sueldo. Ha sido un palo grande, acostumbrada a ser la niña mimada de la casa", comentou á revista unha fonte próxima á de San Blas.

Con todo, unha portavoz oficial da produtora asegurou a Cadena Ser que se trata dunha información falsa e que a colaboradora non sufrirá ningún recorte de salario. 

O seu anterior contrato estipulaba que cobraría 30.000 euros mensuais por aparecer tres días á semana en Sálvame

Comentarios