domingo. 05.12.2021 |
El tiempo
domingo. 05.12.2021
El tiempo

Siro López doa tres obras ao Museo Provincial de Lugo 

Siro López, tras entregar as obras no Museo Provincial. VICTORIA RODRÍGUEZ
Siro López, tras entregar as obras no Museo Provincial. VICTORIA RODRÍGUEZ

Son tres retratos de "personaxes coñecidos lucenses; Paco Pestana, Celestino Fernández de la Vega e Ramón Piñeiro

O xornalista e caricaturista Siro López doou tres obras súas que se incorporan ao "catálogo de fondos" do Museo Provincial de Lugo, nun acto no que estivo acompañado pola deputada de Cultura, Pilar García Porto, na pinacoteca lucense. 

Siro, ferrolán de nacemento, confesou que para el a "Lugo é unha cidade moi querida", vinculando o seu nome de Siro a un "tío político" que se chamaba así, que residiu na "RoNda dos Caídos" da cidade amurallada, e que faleceu na Guerra Civil. "A todos os nenos que entrabamos na familia chamábanos Siro", asegurou que facía a súa tía tras iso. 

A deputada Pilar García Porto eloxiou ao xornalista ferrolán. "Para nós é un pracer e unha honra poder acoller estes tres fondos para o Museo. Quero agradecer a súa implicación, a súa xenerosidade con todos os veciños da nosa provincia, porque poderemos exhibir pezas dun dos mellores artistas galegos", subliñou. 

Os doados son tres "retratos" realizados en " témpora" de "personaxes coñecidos lucenses; Paco Pestana, Celestino Fernández de la Vega e Ramón Piñeiro, co estilo inconfundible de Siro", explicaron. 

O autor recoñeceu que, ademais deses "tres, podería traer un retrato de Ánxel Fole, pero non estaba na exposición". "Están moi ben representadas as figuras de Lugo que merecen a miña homenaxe. Estou encantado de doalas", concluíu. 

Siro López doa tres obras ao Museo Provincial de Lugo 
Comentarios