A borrasca Emma chega cargada de neve, choiva e frío

El mal tiempo que afecta a Galicia está provocando los primeros problemas en algunas carreteras, como en la A-52 donde las placas de hielo y la nieve obligan a extremar la prudencia en la conducción. SXENICK (EFE)
photo_camera El mal tiempo que afecta a Galicia está provocando los primeros problemas en algunas carreteras, como en la A-52 donde las placas de hielo y la nieve obligan a extremar la prudencia en la conducción. SXENICK (EFE)

Galicia atópase entre as comunidades máis afectadas polas copiosas nevadas previstas para este mércores, xornada na que se esperan ceos cubertos e precipitacións xeneralizadas, máis cuantiosas na provincia de Pontevedra.

Segundo Meteogalicia, nas primeiras horas da mañá estas precipitacións serán de neve en cotas baixas no norte e leste da comunidade.

BORRASCA EMMA. As restricións en estradas son os principais inconvenientes xerados ata agora pola loita de titáns atmosféricos sobre a xeografía española que enfronta a unha masa de aire polar continental, fría e seca, con outra de aire atlántico, proveniente do suroeste e moito máis cálida. A borrasca resultante é Emma, bautizada así pola Aemet dentro do proxecto de colaboración cos seus servizos equivalentes en Francia ( MétéoFrance) e Portugal ( IMPA).

A orixe do nome Emma é xermánica e contén os conceptos de "inmensa" e "poderosa" que, todo indica, está disposta a demostrar unha borrasca cuxos efectos se espera duren ata comezos da próxima semana con notables baixadas de temperaturas e abundantes precipitacións.

As previsións falan de nevadas intensas que, a partir do xoves, darán paso a choivas con acumulacións de auga superiores aos 150 litros/metro2 en moitas zonas do país, ás que haberá que sumar a que achegue o desxeo pola fluctuación na cota de neve.

En Galicia, o delegado do Goberno, Santiago Villanueva, anunciaba a alerta de circulación por neve nas provincias de Lugo, Ourense e parte da Coruña mentres, en Aragón, os tres Comités Provinciais de Vialidad Invernal avaliaban tamén a situación e preparaban outras 125 máquinas quitaneves e, en León, o Concello activaba o seu propio Plan de Nevadas.

Comentarios